A poboación infantil, protagonista das festas da Peregrina día tras día

Pontevedra
12 de agosto 2020

Este martes 11, de novo, 'Ven Trebellar nas Peregrinas' volveu ser un éxito nas súas dúas citas na Alameda e na praza da Cítara. O ciclo 'Pontevedra Máxica' tivo como protagonista ao ilusionista pontevedrés Pedro Volta, que fixo un pase dobre do seu espectáculo 'A maxia de Pedro Volta' na praza da Pedreira

Ven Trebellar nas Peregrinas: espectáculo 'Un libro especial' de Expresión na Alameda Cristina Saiz

A programación festiva organizada polo Concello de Pontevedra para a semana grande das festas da Peregrina está a ter unha grande aceptación entre todos os públicos e de xeito especial entre a programación infantil.Día tras día, as actividades pensadas para o público máis novo espertan interese, en especial arredor de dous ciclos, 'Ven Trebellar nas Peregrinas' e 'Pontevedra máxica'.

Este martes 11, de novo, 'Ven Trebellar nas Peregrinas' volveu ser un éxito nas súas dúas citas. Ás sete e media, a Alameda, encheuse co espectáculo 'Un libro especial' de Expresión e as oito da tarde na praza da Cítara sucedeu o mesmo con 'O fifo de Sou'

A programación completouse coa oferta de lecer de 'Xeiras das artes', que ofreceu actividades de narración, música e ilustración na praza da Curtidoira con 'A Banda da Moureira' e nos xardíns de María Victoria Moreno ofertou o dobre programa Zeltia (música) + Anubis Muñoz (instalación).

O ciclo 'Pontevedra Máxica' tivo como protagonista ao ilusionista pontevedrés Pedro Volta, que fixo un pase dobre do seu espectáculo 'A maxia de Pedro Volta' na praza da Pedreira ás oito e media e as dez e media da noite. 

Este mércores, a programación continúa. Dentro de 'Ven Trebellar nas Peregrinas' ás 19.30 horas a Alameda acollerá 'Con fusión' de Píscore e ás 20.00 horas a praza da Cítara, 'Bailando con contos', de Baobab Teatro.

As 'Xeiras das Artes' serán ás 20.00 horas Tamara Andrés (poesía) + Neves Seara (performance) na praza da Curtidoira e ás 21.30 horas Bea Campos (narración) + Antía Iglesias (ilustración) nos xardíns de María Victoria Moreno.

Dentro de 'Pontevedra Máxica' actuarán na praza da Pedreira ás 20.30 Fran Rei con 'A historia de Brancaflor' e ás 22.30, o mago Teto con 'O Afiador'.

Arquivado en