A Plataforma SOS Sanidade Pública entra na campaña electoral

Pontevedra
15 de outubro 2012

Ante a próxima confrontación electoral a plataforma SOS Sanidade Pública fai pública a súa posición sobre o proceso de deterioro sufrido nos últimos anos polo sistema sanitario público.

Rolda de prensa da Plataforma SOS Sanidade Pública PontevedraViva

Ante a próxima confrontación electoral a plataforma SOS Sanidade Pública fai pública a súa posición sobre "o proceso de deterioro sufrido nos últimos anos polo sistema sanitario público".

A grandes trazos esta plataforma define dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria: "Unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, e na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear".

A plataforma reclámalle o próximo goberno da Xunta que incremente o gasto sanitario para recuperar o nivel do ano 2009 e que elabore un Plan de Saúde "que responda ás necesidades reais de todos os cidadáns e garanta a racionalidade e a equidade".

Asimesmo pide que racionalice o gasto sanitario "en lugar de recortar dereitos e prestacións e que recupere o modelo de financiamento público para construír, reparar e xestionar todos os centros sanitarios".

Entre outras reclamación exixe unha política incentivadora do persoal sanitario, a eliminación os contratos lixo, e suspender a política de redución de persoal, recuperar os Programas da Muller, Saúde Mental, Drogodependencias e o de atención a persoas con SIDA.

El local social de la Federación de asociaciones de vecinos Castelao acogió esta presentación que contó con el respaldo de varios concejales del BNG y PSOE de Pontevedra.

Arquivado en