A plataforma ENCE Fóra convoca unha gran manifestación o venres contra a prórroga

Pontevedra
27 de xaneiro 2016

Unha gran manifestación contra Ence e a prórroga que lle permite continuar ata 2073 na Ría de Pontevedra percorrerá o proximo venres 29 de xaneiro as rúas de Pontevedra. Partirá da praza da Ferrería ás 20.30 horas e percorrerá o centro da cidade cun percorrido que aínda non se determinou

Reunión da plataforma Ence Fóra na sede da federación Castelao Adega

Unha gran manifestación contra Ence e a prórroga que lle permite continuar ata 2073 na Ría de Pontevedra percorrerá o proximo venres 29 de xaneiro as rúas de Pontevedra. Partirá da praza da Ferrería ás 20.30 horas e percorrerá o centro da cidade cun percorrido que aínda non se determinou. 

A convocatoria acordouse este martes durante a reunión da plataforma Ence Fóra celebrada pola noite na sede da Federación Castelao e é xa a terceira pata das accións de protesta pola concesión da prórroga que anunciara a fronte anti Ence.

O luns, horas despois de que Ence dese a coñecer que o Goberno lle concedera a prórroga por 60 anos, a plataforma Ence Fóra, co goberno local, a APDR e a Federación Castelao á fronte, anunciaba xa que a decisión tería constetación social, xudicial e política.

A condena política xa a realizaron o goberno local (BNG) e os grupos da oposicón PSdeG-PSOE e Marea Pontevedra; a xudicial xa está en marcha en mans dos servizos xurídicos municipais. Agora chega a quenda da resposta social. 

A manifestación prevese multitudinaria e contará co apoio de múltiples colectivos sociais, políticos e ambientais e leste mesmo martes tivo xa un pequeno adianto cunha concentración improvisada dos asistentes á reunión ante a sede provincial do PP de Pontevedra. Está previsto que se repita este mércores ás 19.00 horas diante da Audiencia Provincial na rúa Rosalia de Castro. 

Arquivado en