A pista municipal de Limeres gaña en seguridade cun valo perimetral

Cerdedo-Cotobade
29 de decembro 2020

O Concello de Cerdedo-Cotobade culmina o proceso de mellora viaria entre os lugares de Loureiro, Limeres e Cuíña, a coñecida como pista de Limeres, coa instalación dun valo de peche perimetral que garante unha mellor seguridade para os viandantes

Pista municipal de Limeres, en Cerdedo-Cotobade Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade culmina o proceso de mellora viaria entre os lugares de Loureiro, Limeres e Cuíña, a coñecida como pista de Limeres, coa instalación dun valo de peche perimetral que garante unha mellor seguridade para os viandantes. 

Trátase dunha pista de titularidade municipal que foi obxecto dunha intervención en profundidade cun investimento duns 15.000 euros con cargo aos aforros nas obras contratadas con cargo ao Plan Concellos da Deputación

A actuación resolve varios problemas plantexados pola veciñanza en materia de seguridade vial, entre eles facilitar un mellor acceso para que circule con garantías o autobús escolar que fai o servizo para os nenos e nenas da zona.

O valo tamén dá resposta a unha petición veciñal que consideraba que era necesario unha medida de protección para peóns destas características e que axudaran tamén a embelecer o aspecto da zona polo que optouse por colocar este elemento diáfano totalmente.

Ademais, a obra supuxo instalar varias barreiras de seguridade metálicas semirríxidas na estrada, concretamente unha nunha curva en Loureiro e outra en Cuíña, lugares onde existe unha curva que polo seu trazado precisaba medidas de protecció.

O alcalde, Jorge Cubela manifestou a súa satisfacción polo resultado desta actuación, pois atende as demandas da veciñanza na zona e tamén contribúe de xeito activo a facilitar un mellor a comunicación entre estes tres lugares ao tempo que aplica unha medida de prevención para gañar maior seguridade para as persoas que diariamente utilizan este tramo.