A pandemia mantense á alza con 246 casos activos e 7 hospitalizados na área sanitaria

Pontevedra
23 de novembro 2021

Segundo confirma o Servizo Galego de Saúde este martes 23 de novembro, na última xornada sumáronse ás estatísticas 27 novos contaxios na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o que fixo crecer de novo a cifra de casos activos. Tamén se sumou un novo hospitalizado

Ambulancia na entrada de urxencias do Hospital Domínguez Mónica Patxot

É un crecemento lento pero sostido. A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén a tendencia á alza nas cifras relativas á incidencia da covid.

Segundo a actualización oficial de datos da pandemia ofrecida á primeira hora deste martes 23 de novembro polo Servizo Galego de Saúde, a área pontevedresa conta actualmente con 246 casos activos.

Esta cifra supón un incremento de 21 casos con respecto ao luns, ao sumar ás estatísticas 27 novos contaxios compensados por 6 altas epidemiolóxicas.

Tamén sobe o número de hospitalizados, cun novo ingresado para un total de 7 persoas, das que 6 evolucionan en planta e unha que o fai na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.

Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.356 persoas na área sanitaria, rexistrándose 205 falecementos de pacientes con positivo activo.

O Segas informa ademais de que nas últimas 24 hora realizáronse 556 probas PCR.