A "orella con cachelos" reinará esta fin de semana en Dorrón

Sanxenxo
11 de maio 2023

A III Festa da Orella terá lugar na zona exterior da Casa de Cultura desta parroquia de Sanxenxo baixo unha carpa. Unha actuación de Soalleira inaugurará a cita o sábado 13 e, pola noite, o Trío Azabache encargarase de amenizar a velada. O domingo, ao mediodía, Javi Solla animará a cita gastronómica

Festa da Orella, en Dorrón Concello de Sanxenxo - Arquivo

A partir das 12.00 horas deste sábado 13 comezará a III Festa da Orella na parroquia de Dorrón. Nesta edición o protagonismo centrarase na "orella con cachelos" na carpa situada no exterior da Casa de Cultura.

As pimeras tapas ofreceranse en sesión de mañá e de tarde, e continuarán ata o mediodía do domingo. O menú complétase con churrasco, a un prezo de 10 euros; empanada a 5 euros; luras a 8 euros; chourizos a 2 euros; e mexillóns a cinco euros. Tamén se servirán bebidas variadas e torta de mazá.

A comisión de festas de Dorrón espera un novo éxito ao recuperar unha cita que se paralizou por culpa da pandemia. Durante estas xornadas desenvolveranse sorteos sorpresa entre os asistentes.

Tamén se establece unha programación de actuacións musicais con Soalleira na inauguración e o Trío Azabeche durante a noite do sábado. Ao mediodía do domingo, Javi Solla encargarase de animar o recinto da festa cunha actuación musical.