A mellora dos campos de fútbol de Poio e Cerdedo-Cotobade custará preto de 100.000 euros

Poio
17 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A Deputación de Pontevedra xa aprobou as dúas axudas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas coas que repararán os vestiarios do campo de fútbol da Seca e mellorarán as instalacións do campo de fútbol As Estremas. O orzamento ascende a 98.935 euros, destinando 48.503 euros para Poio e o restante ás instalacións do campo de fútbol de Cerdedo-Cotobade

Partido entre Pontevedra B e Arosa na Seca Cristina Saiz

A Deputación de Pontevedra xa aprobou as dúas axudas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas coas que repararán os vestiarios do campo de fútbol da Seca e mellorarán as instalacións do campo de fútbol As Estremas. O orzamento ascende a 98.935 euros, destinando 48.503 euros para Poio e o restante ás instalacións do campo de fútbol de Cerdedo-Cotobade.

No primeiro deles, mellorarán a zona de vestiarios do complexo deportivo. Está formada por dous aseos e unha sala de trofeos, que actualmente se atopa en mal estado debido ao efecto das filtracións de auga que se producían a través das gradas que conforman o teito das estancias.

Deste xeito, aumentarán o número de vestiarios existente, habilitarán espazos que non se empregan na actualidade debido ao seu mal estado e mellorarán a seguridade e accesibilidade a estas instalacións deportivas.

Estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para Poio súmanse aos 51.000 euros xa aprobados para a construción do primeiro circuíto de pump track da vila, cos que se completa a contía máxima aprobada pola Deputación para o concello no marco deste plan.

No campo das Estremas, a obra xorde pola necesidade de modernizar as instalacións. Situado na parroquia de Carballedo, as obras se levarán a cabo na cantina, nos vestiarios, almacén e sala de caldeiras, gradas e no mesmo campo de fútbol, onde repararán, entre outros, as anclaxes das porterías, o muro de peche, ademais de proceder a instalar papeleiras de reciclaxe e pintar os pechamentos.Tamén instalarán un novo pozo de barrena e executarán novos alxibes.

Este Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas está aberto aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que aínda poden solicitar beneficiarse das súas axudas.

Ata o momento, o goberno provincial xa mobilizou preto de 500.000 euros dos 4 millóns de orzamento total, con achegas para Pazos de Borbén, Barro, Redondela, Crecente e Arbo, ademais das de Cerdedo-Cotobade e Poio.