A mellora das instalacións ferroviarias Vilagarcía-Angueira custará 11,4 millóns

O Salnés
10 de abril 2023

Adif AV investirá 11,4 millóns de euros coa finalidade de mellorar as instalacións de control de tráfico, comunicacións e seguridade no tramo Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira
 div>
As vías do tren DavidJGB-Arquivo

Adif AV investirá 11,4 millóns de euros coa finalidade de mellorar as instalacións de control de tráfico, comunicacións e seguridade no tramo Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira.

A compañía licitou o contrato para a redacción do proxecto construtivo e execución das obras de adecuación das instalacións de seguridade do ámbito de Pontecesures e os bloqueos no traxecto da liña ao longo de 27,7 km.

A finalidade deste investimento é o aumento da fiabilidade e capacidade do tramo, o incremento da regularidade das circulacións e potenciar o tráfico de mercadorías, no marco do Corredor Atlántico ferroviario. 

Este tramo de Vilagarcía-Bifurcación Angueira formaba parte da liña Redondela-Santiago, previamente á posta en servizo do Eixo Atlántico. O seu trazado inclúe as estacións de Catoira, Pontecesures, Padrón e A Escravitude.

Adif AV levará a cabo unha serie de actuacións, entre elas a empresa realizará unha instalación dun enclavamento electrónico na estación de Pontecesures e adecuación dos existentes en Vilagarcía, Catoira, Padrón e A Escravitude. Ademais de que incorporarán contadores de eixos. 

Tamén efectuará unha elevación de nivel do sistema de bloqueos, unha ferramenta para o control automatizado do tráfico: cambiarase do BAU descentralizado ao BLAU centralizado, nas estacións do tramo Vilagarcía - A Escravitude.

Instalará o Asfa Digital en Catoira, Pontecesures e Padrón;  focos e sinais de tecnoloxía LEDe novos sinais e contadores de eixos, para mellorar a xestión do tráfico ferroviario. 

Inveritirá en novos equipamentos de telefonía,sistemas de control de accesos e vídeo-vixilancia nas estacións do tramo. Ademais de que renovará o cableado de telecomunicacións e enerxía.

Unha vez realizados todos estes cambios e actuacións, a liña estará preparada para a súa futura electrificación a 25 kV. 

Este proxecto contribúe ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible ODS 9, concretamente aos obxectivos 9.1: desenvolver infraestruturas fiables e ao 9.4: modernizar a infraestrutura e poderá ser cofinanciada polo Mecanismo "Conectar Europa" da Unión Europea (CEF).