A mellor comparsa que participe no 'Enterro do Paxaro de mal agoiro' de Bueu obterá 300 euros

Bueu
06 de febreiro 2016

Tanto o mércores 10 como o domingo 14, os mellores disfraces e as mellores agrupacións participantes optarán a acadar premios dentro do Enterriño da Sardiña e do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro

Presentación do cartel do Entroido de Bueu Concello de Bueu

Bueu ofrece diferentes actividades ao longo desta semana con motivo da celebración dos dous principais actos do seu Entroido. O mércores 10 de febreiro ás 17.00 horas desenvolverase o desfile infantil e xuvenil co Enterriño da Sardiña, no que participarán todos aqueles grupos de comparsas de Bueu que realicen o percorrido oficial. Para participar terán que inscribirse no Concello ata o 10 de febreiro. O grupo gañador obterá 200 euros e o segundo un premio de 100 euros.

O domingo 14 de febreiro ás 17.00 horas celebrarase o Enterro do Paxaro de mal agoiro. Todos aqueles que queiran participar deberán inscribirse antes das 13.00 horas do 13 de febreiro no Rexistro do Concello. Este concurso conta con importantes novidades como a apertura a grupos de fóra de Pontevedra.

Entregarase un primeiro premio de 300 euros á comparsa gañadora mentres que a segunda obterá 200 euros. No apartado de parellas, os gañadores levarán un único premio de 150 euros. Para grupos, o primeiro premio tamén é de 300 euros e o segundo alcanza os 200 euros. Na sección de disfraces individuais entregarase un único premio de 150 euros.

En total, o Concello de Bueu destina 1.900 euros para os premios do Entroido

Arquivado en