Un foro desenvolvido no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán esta fin de semana baixo o título 'A madeira é presente e futuro. Construción en madeira de piñeiro na era da bioeconomía', permitíu analizar as oportunidades de negocio para este produto.
Na xornada inaugurada por Manuel Rodríguez, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e organizada pola Consellería do Medio Rural participaron investigadores do CIF de Lourizán, ademais de expertos das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e especialistas nesta temática procedentes de entidades públicas e privadas.
Analizáronse os caracteres hereditarios dos piñeiros galegos nos programas de mellora xenética do CIF Lourizán, en concreto estudando o seu crecemento en volume e rectitude, ademais de cuestións sobre a calidade tecnolóxica.
Os expertos concluíron que as posibilidades de elasticidade e densidade permiten que a madeira de piñeiro teña no sector da construción un importante nicho de mercado. Ao acto asistían tamén propietarios forestais, representantes de comunidades de montes veciñais en man común e técnicos da administración e de empresas forestais, entre outros.
A xornada contou coa presenza do director do centro de Lourizán, Enrique Martínez Chamorro. O evento se encontra dentro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2018 de Agacal, cofinanciada con fondos Feader da Unión Europea.