A.M.A. estrea unha nova web máis visual, con novas funcionalidades e accesible dende os dispositivos móbiles

Pontevedra
01 de abril 2022

O novo portal web inclúe información actualizada da ampla carteira de seguros profesionais e persoais que ofrece a Mutua e o acceso directo a todas as Asistencias contratadas, ademais de formularios de solicitude de información personalizados para cada produto

Sede central de A.M.A. A.M.A.

No marco da súa estratexia de dixitalización e innovación, A.M.A. estrea nova web corporativa cun contido visualmente diferenciado, novo deseño, mellores funcionalidades, máis visual e intuitiva e accesible desde os dispositivos móbiles grazas a un deseño responsive.

A nova web foi elaborada coa finalidade de que sirva de ferramenta de consulta dos mutualistas, de maneira que cun só clic poderán acceder a gran cantidade de información en relación a seguros para sanitarios.

Detrás desta importante actualización áchase o propósito de satisfacer, especialmente en tempos de transformación dixital, as necesidades dos mutualistas e ofrecerlles un excelente servizo, obxectivos que constitúen o conxunto das metas da nosa mutua, presidida polo presidente de honra e da Fundación A.M.A., Dr. Diego Murillo, e polo presidente, Dr. Luis Campos.

Toda a información organizouse en seis bloques, que se despregan dunha forma atractiva para o usuario.

Desta forma, o novo portal web proporciona información actualizada de cada produto (coberturas, garantías, información destacada e preguntas frecuentes) e información corporativa de A.M.A. e da súa Fundación, con todo o contido relacionado coas Bolsas, Premios e axudas sociais.

Como novidade, poderase consultar a actualidade da Mutua nun único menú e con acceso moito máis visual (noticias, revista En Marcha, redes sociais e Blogue de A.M.A.).

Mellorouse tamén o acceso aos servizos de asistencia asociados aos seus seguros e ao Club A.M.A. dixitalizado cun programa de aforro para as compras habituais dos  mutualistas adheridos.

Ao tratarse dunha web orientada á chamada á acción, os usuarios terán á súa disposición formularios de solicitude de información personalizado para cada produto.

O resultado final é unha web máis visual, cun contido estruturado de maneira sinxela, organizada para mellorar a experiencia de usuario favorecendo unha accesibilidade máis rápida aos contidos e unha maior facilidade de contacto desde diferentes áreas.