A.M.A. (Agrupación Mutual Aseguradora) decidiu ampliar ata o próximo 14 de marzo de 2021, data na que se cumpre un ano desde a súa entrada en vigor, o prazo de extensión das coberturas gratuítas do seguro de Responsabilidade Civil Profesional (RCP) a todos os sanitarios que foran mutualistas ou asegurados de A.M.A., no caso de que non estivesen cubertos por un seguro de responsabilidade civil profesional e fosen requiridos para combater o coronavirus.
É a cuarta prórroga desde que se aprobou esta importante cobertura, dada a situación extremadamente complicada pola que atravesa o noso sistema de saúde. Nun primeiro momento a póliza gratuíta ofreceuse durante o primeiro estado de alarma, que concluíu o pasado 21 de xuño, e posteriormente tivo dúas ampliacións: primeiro ata o 30 de setembro e logo ata o 31 de outubro.
Con esta medida A.M.A., a Mutua dos profesionais sanitarios, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade e apoio a todos os que loitan en primeira liña, que de novo teñen que afrontar situacións de tensión ambulatoria ou hospitalaria como consecuencia do preocupante repunte de casos que requiren tratamento. A.M.A. sempre está á vangarda no compromiso de protexer aos profesionais sanitarios.