A maxia dos Reis Magos chegou ás rúas de Marín coa Gran Cabalgata Real, na que participaron máis de 200 nenos, repartidos en cinco carrozas que percorreron a vila.
Este ano, as Súas Maxestades saíron ao balcón do Concello para saudar a toda a veciñanza e de alí foron acompañados pola alcaldesa, María Ramallo, ata os coches oficiais, que os levaron ata Nodosa, onde se subiron ás carrozas para arrancar a Cabalgata.
Despois do percorrido, acabaron no Templo Novo do Parque Eguren onde se fixo a representación do Belén Vivinte a cargo da Asociación Os da Caña, quenes foron este ano os encargados de inaugurar o Nadal no gran acendido das luces.
BUEU
No caso de Bueu, os Reis Magos chegaron nunha embarcación tradicional da Asociación Cultural os Galos ao porto pola mañá, saudando a todos os presentes no lugar, na Praza de Abastos e logo aos máis pequenos no salón do Centro Social do Mar. Pola tarde percorreron o centro urbano en carrozas, terminando a súa visita no Concello.