A Lanzada renova a súa lenda das nove ondas

Sanxenxo
01 de setembro 2024

O ritual consiste en saltar as ondas para facilitar a fertilidade aínda que moitas persoas optan directamente por un baño xunto á ermida de Santa María e asocian os supostos beneficios do rito á curación ou á boa sorte

 

Romería de Nosa Señora da Lanzada Concello de Sanxenxo

Como cada último sábado de agosto, do mesmo xeito que ocorre na noite de San Xoán, a praia da Lanzada renova a súa lenda das nove ondas. 

O ritual consiste en saltar as ondas para facilitar a fertilidade aínda que moitas persoas optan directamente por un baño xunto á ermida de Santa María e asocian os supostos beneficios do rito á curación ou á boa sorte.

Segundo a tradición eran as mulleres casadas que querían quedar embarazadas e as solteiras que buscaban marido as que ao amencer preto das pedras da chamada "cuna da Santa", metíanse na auga para cumprir co rito que só tería efecto se o sol aínda non aparece polo horizonte e a lúa estaba en fase crecente ou chea.

En calquera caso, esta fin de semana celébranse as festas en honra a Nosa Señora ds Lanzada con verbenas e misas. A deste sábado estivo seguida da procesión, acompañada do grupo Danzantes de Cobas.

A romaría estivo amenizada pola Banda de Música de Sanxenxo e o grupo gaitas do país Os do Barro. Ás doce da noite houbo unha tirada de fogos artificiais.