A 'Lab Social-Xuntanza Proponte' conciencia da importancia do labor en rede dos colectivos sociais

Pontevedra
18 de marzo 2023

O salón de actos da UNED acolleu este encontro organizado en colaboración entre o centro universitario e a concellería de Benestar Social coa intención de analizar o traballo do terceiro sector baixo os criterios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Lab Social-Xuntanza Proponte na UNED Concello de Pontevedra

A UNED de Pontevedra celebrou o primeiro Lab Social-Xuntanza Proponte con elevada participación de público nun encontro no que se abordou a importancia do traballo en rede no terceiro sector, relacionado cos colectivos sociais.

Esta actividade desenvolveuse no salón de actos da UNED en Monte Porreiro e estaba organizada polo centro universitario en colaboración coa concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra, coa participación do concelleiro da área Marcos Rey.

Representantes de máis de medio centenar de asociacións acudiron á cita, procedentes de distintos puntos do municipio tanto urbanos como rurais. A proposta centrouse en superar as barreiras e fomentar a equidade cunha persoa que se encargou da interpretación en Lingua de Signos e tamén se utilizou un bucle magnético portátil.

Durante o desenvolvemento da sesión tratouse a xestión dos grupos, o financiamento, márketin e #o #estrés #asociativo entre outros temas coa intención de potenciar o tecido social en Pontevedra e buscar fórmulas de colaboración.