A inspección localiza 1.350 vados na zona urbana de Pontevedra

Pontevedra
23 de setembro 2018

O Concello de Pontevedra iniciou, de oficio, a revisión de todos os vaos permanentes da cidade. Trátase dun traballo que, desde principios de ano, están a levar a cabo a través dos servizos de disciplina urbanística e da oficina de arquitectura, co apoio da Policía Local

Vado permanente en Pontevedra Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra iniciou, de oficio, a revisión de todos os vados permanentes da cidade. Trátase dun traballo que, desde principios de ano, están a levar a cabo a través dos servizos de disciplina urbanística e da oficina de arquitectura, co apoio da Policía Local.

A día de hoxe estas inspeccións localizaron 1.350 vados na zona urbana de Pontevedra.

Este traballo de inspección continuará, xa que a intención é facer todo o concello. Primeiro empezouse polo centro urbano, que é onde realmente está o número máis elevado de "entradas de carruaxes".

Fíxose un traballo de campo xeorreferenciando cada vado e agora estase no proceso de cotejar estes vados coas bases de datos dos servizos económicos, de Rexistro e de Urbanismo.

Segundo a información que obra nas bases de datos municipais, hai 419 vados nos arquivos da Casa Consistorial ou do Froebel, 238 vados nas bases de Fomento, 300 nas bases de disciplina urbanística e 1.866 na oficina de xestión tributaria.

É un proceso longo que durará durante este ano e o que vén.

Estas inspeccións non carrexan sancións.

Segundo explicou a concelleira responsable de disciplina urbanística, Carme da Silva, con esta inspección preténdese actualizar os vados que teñen licenza e pagan taxa, tamén dar licenza a aqueles que pagan taxa pero non están autorizados e, finalmente, regular os que non teñen nin licenza nin pagan taxa.

As novas placas xa están dispoñibles e o Concello está empezará a entregalas ao longo do mes de outubro.

Carme da Silva explicou que non é preciso que ningún veciño ou responsable de comunidade de veciños se achegue ás oficinas municipais por esta actualización, xa que será o Concello quen comunicará a cada particular a situación na que se atopa o seu vado e a oportunidade de regularizalo, xa que é unha cuestión voluntaria.

Chegaralles á súa casa un requirimento municipal para renovar o vado e nese momento é cando ten que facer as xestións ante o Concello e entregaráselles esta primeira placa de balde.

Esta revisión lévase a cabo en cumprimento dun acordo plenario a instancias do grupo municipal do PSOE, que advertiu do problema que se podería atopar Pontevedra tras a existencia de varias sentenzas que anulaban multas porque os sinais de vado permanente non estaban homologadas ao non figurar na placa o número de licenza.