A innovación forestal ten premio: 5.000 euros

Pontevedra
27 de xullo 2017

Toda persoa ou empresa que teña un proxecto innovador no sector forestal que se traduza nunha demostrada xeración de valor do monte pode resultar premiada no novo galardón convocado pola Cámara de Comercio con cargo ao Plan Social de Ence  

Presentación do I Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal Mónica Patxot

Toda persoa ou empresa que teña un proxecto innovador no sector forestal que se traduza nunha demostrada xeración de valor do monte pode resultar premiada no novo galardón convocado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa con cargo ao Plan Social de Ence. 

Trátase do I Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal, un galardón dotado con 5.000 euros que este xoves presentou o vicepresidente primeiro da entidade cameral, Eduardo Barros, acompañado polo director territorial de Ence Pontevedra, Antonio Casal; o director da Escola de Enxeñaría Forestal, Enrique Valero;e a directora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, Isabel Bernard.

Eduardo Barros insistiu en que o sector forestal é "transcendental" en Galicia, pero "un gran desconocido" e insuficientemente explotado, pois, segundo datos que atribúe ao IV Inventario Forestal Nacional, a comunidade ten 600.000 hectáreas improductivas. Este premio responde o obxectivo de potenciar o propio sector e a súa capacidade innovadora, á vez que anima aos emprendedores a que traballar neste campo e desenvolvan novos modelos de xestión, produtos e servizos que contribúan á xeración de riqueza e fixación de emprego.

Poden optar a el persoas físicas e xurídicas a condición de que presenten propostas que demostren unha achega de innovación e impacto medibles en termos da súa creación de valor. O xurado valorará, entre outros, catro criterios: orixinalidade e carácter distintivo, creación de valor, escalabilidade e sustentabilidade valor comunicacional, permeabilidade e potencial de difusión da innovación. As bases poderán consultarse na web da Cámara de Comercio. 

Os candidatos poden presentarse entre o 1 de agosto e o 16 de outubro e as propostas serán avaliadas entre o 17 de outubro e o 24 de novembro, coa perspectiva de que a cerimonia de entrega e a notificación de gañadores realícese o 30 de novembro. Ademais do premio principal, haberá un accésit valorado en 2.000 euros.

A iniciativa é resultado do traballo da Mesa Forestal impulsada pola Cámara o pasado mes de marzo, na que están representados o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), ENCE, a Escola de Enxeñería Forestal, a Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o Clúster da Madeira de Galicia, e a Asociación Sectorial Forestal Galega.

Esta mesa sectorial márcase entre os seus obxectivos"mirar al monte como un recurso con grandes posibilidades" e segue distintas liñas de traballo, entre as que unha das máis ambiciosas é a loita contra os incendios forestais, na que están buscan fondos para realizar estudos específicos e apostan pola explotación do monte como a mellor estratexia posible contra o lume. "Los montes en explotación no arden",  destacou Barros, que engadiu que  "no se apagan los incendios limpiando las cunetas", senón que resulta fundamental explotalos e fixar emprego vinculado a eles.