'A Historia de Xan da Lus' dará a benvida á Feira Franca

Pontevedra
28 de agosto 2024

A área de Festas do Concello de Pontevedra acaba de publicar o programa definitivo desta edición para marcar en vermello as actividades que veciñanza e visitantes poderán gozar de balde durante a celebración da Feira.  O programa está dispoñible na web oficial do Concello de Pontevedra e na web oficial da Feira Franca

Espectáculo 'O Lérez' no inicio da Feira Franca 2022 Mónica Patxot

Os xograres, protagonistas da Feira Franca 2024, deixaron no século XV constancia de todos os acontecementos históricos que hoxe reciben homenaxe nesta festa en Pontevedra. E este ano volverán deixar constancia da festa que se montará na Boa Vila o 6 e o 7 de setembro. 

A área de festas do Concello de Pontevedra acaba de publicar o programa definitivo desta edición para marcar en vermello as actividades que veciñanza e visitantes poderán gozar de balde durante a celebración da Feira. 

O programa está dispoñible na web oficial do Concello de Pontevedra e na web oficial da Feira Franca. Inclúe todas as actividades e horarios, ademais de contar cun mapa infográfico do centro histórico de Pontevedra e da distribución dos puntos de interese.

A programación abrirá, como é habitual, na tarde do venres 6. A partir das 19.00 horas, pregoeiros a cabalo anunciarán o comezo da XXIII edición da Feira Franca polo centro histórico.

Xa a partir das 22.00 horas será o momento do espectáculo inaugural na praza da Ferraría. Será a cargo da compañía Pablo Méndez Performance e este ano contará 'A Historia de Xan da Lus'. 

Durante o sábado 7, ducias de actividades e espectáculos tomarán as rúas e prazas do centro da cidade. Non faltará o clásico e lendario Torneo Medieval que se realiza na praza de touros, en dous pases diferentes (17.30 e 20.00 horas).

Estará aberto case desde primeira hora o Mercado Medieval, recrearase o transporte do viño polas rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría con remate na praza da Peregrina; e a música medieval tomará cada recuncho, ao tempo que a demostración de esgrima, os grupos de animación ou o tiro con arco se viven con normalidade.

Pola tarde, os pasacalles medievais animarán a xornada a través dos tambores e a percusión, encarando unha longa noite cunha Pontevedra que estará, previsiblemente, chea de xente. 

Neste programa, deixa constancia de que grazas aos xograres "creouse a tradición oral, para que a literatura obteña un rexistro da súa memoria e sexa trazable no tempo". E faise un convite á asistencia e o goce da festa, pois "precisamos historias novas coas que argallar poesía". 

Durante a festa haberá xograres vidos da Provenza, de Portugal e das cortes de Castela e mesturaranse con avezados trobadores e poderosas xograresas para encher de sátiras e críticas as rúas.

Arquivado en