A Garda Civil asegura que os artefactos incendiarios da Reigosa son unhas bengalas náuticas que se lanzaron desde terra

Ponte Caldelas
28 de agosto 2016

Os axentes descartaron que os artefactos incendiarios fosen lanzados desde unha avioneta ou calquera outra aeronave

Dous artefactos dotados de paracaídas provocan un conato de incendio na Reigosa Concello de Ponte Caldelas

A Garda Civil traballa para identificar ao incendiario que disparou dúas bengalas náuticas desde terra na tarde do pasado venres na zona da gasolineira da Reigosa.

Os axentes descartaron que os artefactos incendiarios foran lanzados desde unha avioneta ou calquera outra aeronave.

Os veciños evitaron que se propagase o lume provocado nun das matogueiras por unha das bengalas.

BOMBA DE PALENQUE

Por outra banda, os servizos de emerxencias informaron que unha bomba de palenque causou un incendio forestal este sábado nas proximidades ao campo da festa de Bamio, en Vilagarcía.

O lume calcinou unha pequena extensión de monte antes de ser sufocado. Nos traballos de extinción interviñeron un camión motobomba de Medio Rural, un técnico forestal e un helicóptero, así como Protección Civil de Vilagarcía con dous vehículos, os bombeiros, Policía Nacional e Local.