A Fiscalía Xeral do Estado abre unha investigación sobre a vertedura de pellets nas costas galegas

O Salnés
08 de xaneiro 2024

A Unidade Especializada no medio ambiente abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura. Xa o 4 de xaneiro abrira expediente de seguimento da situación e agora abre dilixencias de investigación. A alerta pola presenza dos pellets de plástico nos areais do Carreirón fixo saltar todas al alarmas tamén no Concello de Vilagarcía 

Voluntarios recollen plásticos na Praia da Lanzada EFE/Salvador Sas

A Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura de pellets nas costas galegas dos últimos días. 

A Unidade Especializada no medio ambiente abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura. Xa o 4 de xaneiro abrira expediente de seguimento da situación e agora abre dilixencias de investigación.

De momento, o asunto non está na Fiscalía de Galicia, segundo confirmaron fontes xudiciais.

Por outra banda, a alerta pola presenza dos pellets de plástico nos areais do Carreirón, na Illa de Arousa, fixo saltar todas al alarmas tamén no Concello de Vilagarcía que, pese a non ter detectado aínda o material no seu litoral e a atoparse no interior da ría,.

O Concello permanece en situación de alerta por si fora preciso actuar e o alcalde, Alberto Varela, mantense en permanente contacto con Capitanía Marítima, vixiantes da Dirección General de Costas e as confrarías de pescadores de Vilaxoán e Carril para dispor de información actualizada en todo momento e, de ser necesario, coordinar coa máxima urxencia as posibles accións a realizar si finalmente o material chega ao litoral local.

O Servizo Municipal de Emerxencias está patrullando de forma constante as praias e a costa vilagarciá.

Como alcalde e como presidente da Fegamp, Varela esixe á Xunta de Galicia máis información sobre a composición do produto, medios para limpar as zonas afectadas e un protocolo claro de actuación que non recaia exclusivamente nos municipios.

Así, Varela mantén que "a Xunta volveu a abandonar aos concellos" nunha catástrofe medioambiental dicindo nunha carta que a limpeza das praias é competencia municipal e lavándose as mans nunha situación da que aínda non se sabe que repercusión pode ter no medio, nos recursos mariños dos que tanta xente vive, e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

"Necesitamos saber con total garantía con que nos enfrontamos, si se trata dun material contaminante ou non, e si se necesita protección para a súa retirada", sinala Varela.

Varela criticou tamén que o executivo presidido por Rueda "aínda por riba de tardar semanas en reaccionar, cando o fai é para non darlle importancia, para desentenderse, negarnos axuda, dicir que o culpable é outro e mirar para o outro lado mentres o mar de Galicia e todos os galegos que viven del volve a verse gravemente ameazado. Está claro que non aprenderon nada da nefasta xestión que fixeron durante a crise do Prestige e repiten o modelo sen importarlles o que lle pase ao noso mar nin a quen vive del".

Arquivado en