Con pasteis de merengue, ovos e fariña, os máis novos de Marín celebraban este luns unha tradicional batalla na rúa Lameira. Trátase da Festa do Merengue e da Lameiriña, que se atopa organizada por Amigos dos Rapaces.
O merengue de cores azul, branco e amarelo formaba parte dunha enorme tarta con milleiros de racións que primeiro desfilaron tras os múiscos e un estandarte ao redor do Mercado de Abastos para despois pasar a converterse nun manxar que degustar para uns e arma coa que castigar aos demais para outros.
A actividade comezaba ás 12.00 horas coa actuación da agrupación Pousos da Área. Ao longo da tarde, a festa continuaba nesta contorna coa actuación da orquestra Pontevedra.