A Feira Franca saldouse sen incidencias de consideración

Pontevedra
04 de setembro 2016

Unicamente os bombeiros tiveron que intervir ante a presenza de fume nunha pila de palla e os servizos do 061 só foron necesarios para atender a persoas que tiñan síntomas de lipotimia debido á calor

Bombeiros na Feira Franca Cristina Saiz

Milleiros de persoas asistiron á celebración da Feira Franca e a pesar da aglomeración de persoas nas rúas de Pontevedra, non se rexistraron incidentes de gravidade durante a xornada do sábado.

Os Bombeiros do parque de Pontevedra só tiveron que acudir alertados porque aparecía fume nunha pila de palla, pero a incidencia non tivo maiores consecuencias.

Tamén as ambulancias do 061 foron necesarias para atender a persoas que sufrían síntomas de lipotimia debido ás altas temperaturas que se rexistraron durante todo o día e a sensación de bochorno que se sentía nas rúas pontevedresas.

Os integrantes dos Corpos e Forzas de Seguridade estiveron pendentes de calquera circunstancia que puidese alterar a orde nesta xornada festiva.

AmpArticleViewer.default.tags