A feira do mel 'Meleira' celebra a súa 33 edición con menos expositores pero o mesmo produto local e de calidade

Pontevedra
11 de agosto 2023

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, presentou este venres o programa da Feira, que abrirá as súas portas entre o mércores 16 e o sábado 19 de agosto na rúa Serra, cun horario de apertura marcado entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 18:00 e as 22:00 horas  

Presentación da 33 edición de Meleira Mónica Patxot

Á par que as Festas da Peregrina chega a Pontevedra unha nova edición de Meleira, a Feira do Mel, que este ano chega a súa 33 edición se reivindica como unha das citas clave do verán.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, presentou este venres o programa da Feira, que abrirá as súas portas entre o mércores 16 e o sábado 19 de agosto na rúa Serra, cun horario de apertura marcado entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 18:00 e as 22:00 horas.

Gulías lembrou que este evento "pon en valor o uso do mel, un dos recursos galegos que forma parte da nosa economía" e ademáis permite "coñecer os diferentes derivados que ten". Insistiu tamén na importancia de mercar produtos galegos e de apostar polo comercio local.

A feira comezará o mércores 16 de agosto ás 12:00 horas co obradoiro de 'Elaboración de produtos con mel', o xoves ás 19:00 horas será o 'Taller de velas' ao día seguinte, o venres 18 ás 19:00 horas haberá unha 'Cata comentada de Mel de Galicia IXP', o sábado 19 ás 19:00 celebrarase un taller de 'Extracción de mel' e, durante todos días que dure o evento, publicarán na carpa da Feira cinco pistas para que a xente coñeza o casco histórico e poida encontrar o mel.

Por outra banda, o presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo; e Esther Ordoñez, veterinaria en Agrupación Apícola de Galicia, incidiron en que este ano haberá menos expositores que outros anos debido á baixa produción, que baixou nestes últimos anos un 50%, especialmente nas montañas de Ourense e Lugo.

É por iso que, especialmente este ano, fan un chamamento á poboación para que acuda á Feira a mercar e darlle valor ao produto galego. Tamén haberá un posto de Portugal

LOITA CONTRA AS VELUTINAS

José María Seijo destacou que están levando a cabo unha serie de tarefas de información a apicultores para que cambien a súa forma de cultivar para que as abellas aprendan a defenderse dos invasores.

Indicou que teñen que estar todos unidos para facer as capturas e localizar os niños, que están quedando en pobos desertos, hórreos e faiados das cosas e "é unha loita que imos ter que facer porque a velutina veu para quedarse".