A familia de Sonia Iglesias convoca unha manifestación no quinto aniversario da súa desaparición

Pontevedra
12 de agosto 2015

O caso Sonia Iglesias foi arquivado de xeito provisional o pasado mes de abril sen que a investigación ofrecese un só avance. Aínda que co tempo se foron apagando as esperanzas a súa familia resístese a que se esqueza este caso, especialmente as forzas da orde e a xustiza

Concentración con motivo da desaparición hai 4 anos de Sonia Iglesias PontevedraViva

Os familiares de Sonia Iglesias convocaron unha manifestación para o próximo martes 18 de agosto, cando se cumpren cinco anos da desaparición da pontevedresa.

O caso Sonia Iglesias foi arquivado de xeito provisional o pasado mes de abril sen que a investigación ofrecese un só avance.

Aínda que co tempo se foron apagando as esperanzas a súa familia resístese a que se esqueza este caso, especialmente as forzas da orde e a xustiza.

"No nos vamos a rendir", asegurou Mari Carmen Iglesias, irmá de Sonia e voceira da familia.

Arquivado en