A Facultade de Ciencias da Educación celebra o seu ingreso na rede de Escolas Unesco

Pontevedra
25 de novembro 2016

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e Luisa Márquez, coordinadora en Galicia da Rede de Escolas PEA-Unesco, descubriron a praca Unesco, situada na entrada do edificio do campus univerrsitario pontevedrés

Acto con motivo da constitución da Facultade de Ciencias da Educación na Rede de Escolas Unesco PontevedraViva

A Facultade de Ciencias dá Educación e do Deporte, do campus de Pontevedra, xa forma parte da Rede de Escolas Unesco e este venres estudantes e profesorado conmemorárono coa presenza da coordinadora en Galicia da Rede de Escolas PEA-Unesco e do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Ambos descubriron a placa que recoñece ao centro como membro da rede. 

Presentouse a acción desenvolvida polos estudantes para poñer de relevo o drama dos refuxiados cun escenario ficticio creado para a ocasión nos xardíns da facultade sobre un mar mediterráneo de cor metálica. A acción completouse no salón de graos coa intervención das autoridades.

O responsable da Comisión Unesco da Facultade, Miguel Cuevas destacou a necesidade de que os estudantes sexan conscientes de que deben formar a nenos contra a marxinación. Nesta mesma liña, o responsable da organización dos actos, Jorge Soto, lembrou aos alumnos que enchían o salón de actos que son activistas do cambio social para evitar que se sigan atropelando dereitos

No evento actuaron tamén o coro do campus e os estudantes Raúl Paz, cunha interpretación do tema 'Imagine', e Noelia Solleiro, esta cantante compuxo unha canción para o acto, seguida polos asistentes, con aplausos cuxos dereitos cedeu aos dereitos a Unicef.

A continuación, a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces; o responsable de Extensión Cultural do campus, Manuel Morquecho; o a coordinadora de Escolas PEA-Unesco, Luisa Márquez e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dirixíronse aos asistentes para lembrarlles o orgullo e a responsabilidade que supón esta distinción, que comparte con 10.000 institucións educativas de 181 países co obxectivo de traballar en prol da comprensión internacional, a paz e o diálogo entre as culturas.