A exposición 'Namórate de tí' xa se exhibe nos escaparates do comercio local

Pontevedra
27 de novembro 2020

A concelleira de Igualdade e de Promoción Económica, Yoya Blanco, avanzóque a iniciativa ' Namórate de tí' terá continuidade o ano próximo

Exposición 'Namórate de tí' na rúa Oliva de Pontevedra Concello de Pontevedra

A exposición reivindicativa 'Namórate de tí' xa se pode ver en escaparates de doce establecemento da rúa Oliva. A mostra fotográfica é iniciativa da Concellería de Igualdade de Pontevedra e o Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25N e permanecerá durante un mes.

Trátase de vinte fotografas realizadas no taller no que participaron sete mulleres en situación de desemprego, risco de exclusión, vulnerabilidade ou vítimas de violencia de xénero. O obxectivo era que aprendesen a quererse e valorarse a si mesmas utilizando a cooperación grupal. A iniciativa foi impartida pola animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa e creativa, Patricia Maquieira.

Tres destas participantes tamén estiveron presentes durante a inauguración da exposición. Foi “unha experiencia fermosa, que
volvería repetir e que me permitiu sentirme libre e seguir loitando"; "a vivencia resultou formidable e a sesión fotográfica fíxome sentir xenial e moi liberada, recomendo a todo o mundo apuntarsea vivir esta experiencia", comentaron durante o acto inaugural.

Entre as responsables municipais, Yoya Blanco, concelleira de Igualdade e tamén de Promoción Económica, dicía sentirse "impresionada polas fotos e por algunhas mensaxes", avanzando que a iniciativa ' Namórate de tí' terá continuidade o ano próximo.