A explosión de contaxios chega aos 1.139 pacientes na área sanitaria

Pontevedra
14 de xullo 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 1.139 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.  Son 153 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa. O número de pacientes hospitalizados é de 13 persoas

Un grupo de turistas na praza da Peregrina Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 1.139 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 

Son 153 novos casos confirmados por probas  diagnósticas de infección activa.

O número de pacientes hospitalizados é de 13 persoas atendidas na área sanitaria, todos eles no Hospital Montecelo. Dez deles están hospitalizados en planta e tres están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

O resto dos que contraeron o virus atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 14.427 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19.

Durante a pandemia rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 260.305, nas últimas 24 horas fixéronse 459. 

A estas probas súmanse as 91.491 probas de antíxenos e outras 96.025 probas de detección realizadas ata a data.

Para este mércores están convocadas 2.900 persoas no Recinto feiral de Pontevedra e outras 1.160 en Fexdega para ser vacinados con Pfizer e Moderna.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.298 deles 1.086 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 1.139 da de Pontevedra, 1.389 da área de Vigo, 671 da de Santiago e 231 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 6.231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.043 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.431.482.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.169.134.