O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou este mércores que as medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia están a lograr resultados positivos. Asegura que "este esforzo que lle pedimos aos galegos e as galegas comeza a dar os seus froitos", o que permite "ser lixeiramente optimistas, pero non triunfalistas".
O conselleiro resaltou a baixada de seis persoas enfermas críticas nas UCI, que falan dese "lixeiro decrecemento diante do que non podemos ser conformistas". Baixa tamén a incidencia acumulada "por primeira vez no último mes" e indica que hai 21.000 galegos que completaron a vacinación coa segunda dose. Ademais este mércores comezou a vacinación da segunda dose aos sanitarios da segunda liña.
Pola súa banda a directora xeral de Saúde Pública da Xunta, Carmen Durán, sinalou que a día de hoxe Galicia atópase en "una fase de meseta con tendencia descendente", polo que apuntou que é moi posible "que hayamos llegado ya al máximo" desta terceira onda da pandemia.
Por áreas sanitarias, todas as xerencias están por encima dos 550 casos por cada 100.000 habitantes e A Coruña, Ferrol e Ourense superan os 850 casos. "Vemos brotes verdes, pero los datos distan de ser los deseados", indicou Durán.
Con todo a situación de Pontevedra empeora, tal e como recoñeceu. Mentres que outras grandes cidades como A Coruña, Ferrol, Ourense, Santiago e Vigo melloraron os seus datos na última semana, non sucede o mesmo na Boa Vila nin tampouco en Lugo. "Estamos esperando resultados de las restricciones de la última semana", incidiu a doutora Durán Parrondo.
CAMBIO DE TENDENCIA
"Manejamos datos en Galicia que nos hacen afirmar un cambio de tendencia", apuntou a directora xeral de Saúde Pública da Xunta, sinalando que o número reprodutivo, contaxios por cada caso, está por baixo dun e en tendencia descendente. "Es una buena noticia" valorou, porque esta figura reprodúcese en todas as grandes cidades e en todas as áreas.
Baixa a incidencia acumulada a 7 días, dunha taxa de 389 hai unha semana a 336 cifra de onte martes 2 de febreiro. A cifra de hoxe é 323. En número de probas diagnósticas aumentaron na Comunidade nos últimos días, máis de 118.000 na última semana.
Sobre as novas cepas do virus, Carmen Durán informou que en Galicia e ao 1 de febreiro hai 14 casos da variante británica, un da surafricana e 200 casos en estudo
OCUPACIÓN DO 42% DE CAMAS UCI
O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Manuel Flores Arias, fixo un exhaustivo repaso dos niveis asistenciais nos que detecta un "pequeno aplanamiento" na ocupación de camas tanto en planta como en críticos.
O xerente do Sergas destacou que un 93 por cento dos contaxiados polo coronavirus están a pasar a infección nos seus domicilios. A ocupación de camas de críticos (UCI) por covid rolda o 42 por cento na comunidade.
Na área sanitaria de Pontevedra púxose en marcha o plan de continxencia, do mesmo xeito que se fixo na Coruña, Santiago e Ferrol que tamén están en fase 3 de críticos. Isto significa que se estableceron os corredores sanitarios, polo que calquera paciente vai acabar ingresado nunha cama que lle garante asistencia de calidade, con apoio entre as distintas áreas.