A estación de tren de Pontevedra terá wifi para os usuarios

Pontevedra
26 de maio 2020

As novas tecnoloxías incorporaranse á estación de tren de Pontevedra. Será a través dunha serie de actuacións incluídas no plan de transformación dixital que puxo en marcha o ADIF, o organismo público que xestiona esta terminal

Estación de tren de Pontevedra PontevedraViva

As novas tecnoloxías incorporaranse á estación de tren de Pontevedra. Será a través dunha serie de actuacións incluídas no plan de transformación dixital que puxo en marcha o ADIF, o organismo público que xestiona esta terminal.

O obxectivo é avanzar cara á concepción de estacións hiperconectadas, que necesitan dispoñer dunha infraestrutura de comunicacións, tanto de fixa como inalámbrica, que poidan gozar tendas e locais comerciais, operadores ferroviarios e viaxeiros.

Entre outras cuestións, esta rede permitirá ofrecer servizo wifi na estación pontevedresa para todos os seus usuarios.

O contrato para a estación de Pontevedra, que se inclúe nun lote con outras catro terminais en Madrid, Salamanca e Bilbao, foi adxudicado á empresa Indra Sistemas por 3,3 millóns euros.

A compañía terá 24 meses para a posta en funcionamento deste sistema, doce para a execución do proxecto e das obras, e outros doce para as tarefas de mantemento das redes fixas e inalámbricas.