A escribir cantorais para a Feira Franca

Pontevedra
30 de agosto 2016

Este martes comezaron os obradoiros infantís no Sexto Edificio que nesta edición se centran nos libros de música medievais

Obradoiro da Feira Franca no Museo Deputación de Pontevedra

Unha ducia de escolares participaron no primeiro dos catro obradoiros infantís organizados polo Museo. Foron os encargados de iniciar as actividades previas da Feira Franca no Museo de Pontevedra. Os participantes realizaron os seus propios cantorais. O obxectivo da actividade consistiu en coñecer os libros de música medieval aproveitando que este ano a Feira Franca está dedicada á música.

Realizan un cantoral propio e os participantes teñen a opción de coñecer libros musicais que custodia o arquivo documental do Museo e os diferentes aspectos vinculados con este tipo de documento histórico.

Os obradoiros realizaranse ata o vindeiro venres, un por día, e estarán dirixidos aos escolares de idades comprendidas entre 7 e 13 anos. Admítense un máximo de 12 participantes por día. Só quedan libres as 12 prazas do obradoiro deste venres. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 986 804 100 a través da extensión 42413 ou tamén no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e de correos.

Este ano tamén se estrea unha figura en madeira dun trobador para que poidan fotografarse con ela e servirá de fío condutor para un obradoiro de pintura. Esta actividade non precisa inscrición previa e está dirixida a todas as idades. Realizarase o sábado 3 en xornada de mañá e tarde.

AmpArticleViewer.default.tags