A Escola Naval encara un novo curso, con 127 novos alumnos, 20 mulleres

Marín
17 de agosto 2022

Ás 10.00 horas da mañá deste mércores realizouse un multitudinario acto de recibimento no que ser presentaron no centro estes 127 novos brigadistas, alumnos de acceso directo pertencentes aos Corpos Xeral, Infantería de Mariña, Intendencia, Enxeñeiros e Militares de Complemento

Chegada de novos brigadistas á Escola Naval Escuela Naval Militar de Marín

A Escola Naval Militar de Marín encara un novo curso académico. Este mércores deu a benvida ao alumnado que cursará os seus estudos no centro neste novo ano, un total de 127, dos que 20 son mulleres. 

Ás 10.00 horas da mañá deste mércores realizouse un multitudinario acto de recibimento no que ser presentaron no centro estes 127 novos alumnos de acceso directo pertencentes aos Corpos Xeral, Infantería de Mariña, Intendencia, Enxeñeiros e Militares de Complemento.

Os novos alumnos están encadrados nas brigadas 1, 11 e 12 e os seus respectivos mandos inmediatos recibíronlles, como é habitual, na porta de Carlos I.

Recibíronos o comandante-director, o xefe de estudos, os comandantes de Brigada e os seus brigadieres. Previamente, deuse lectura nominal da resolución do seu nomeamento como novos aspirantes.

Tamén puideron entrar ao centro os pais dos novos alumnos, de aí o multitudinario da escena vivida ás portas da Escola. O comandante-director deulles unha conferencia para informarlles cal será o seu futuro durante o período académico que teñen por diante. 

Os aspirantes realizarán durante dúas semanas a fase de adaptación á vida militar e, logo, incorporaranse os alumnos que ingresaron por promoción interna para comezar o curso co resto das brigadas da Escola Naval.