A Escola de Adultos Río Lérez gaña o concurso-exposición das Letras Galegas

Pontevedra
05 de febreiro 2015

O proxecto escolar 'Filgueira rima con Armenteira' da escola pública de adultos Río Lérez de Pontevedra resultou gañador do concurso escolar das Letras Galegas 2015 na categoría de educación secundaria e bacharelato, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Filgueira Valverde Consello da Cultura Galega

O proxecto escolar 'Filgueira rima con Armenteira' da escola pública de adultos Río Lérez de Pontevedra resultou gañador do concurso escolar das Letras Galegas 2015 na categoría de educación secundaria e bacharelato, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública este xoves a resolución deste certame escolar que ten como finalidade implicar a comunidade educativa na celebración das Letras Galegas e potenciar o coñecemento da obra do autor homenaxeado, Xosé Fernando Filgueira Valverde, así como da situación sociolingüística da época histórica que lle tocou vivir.

O traballo elaborado por este centro para unha exposición arredor da figura de Filgueira o próximo 17 de maio será imprimida e distribuída pola Consellería, acompañada da guía didáctica explicativa, en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos da Rede de Dinamización Lingüística e bibliotecas).

O grupo de traballo que participou na súa confección recibirá ademais un premio en metálico por importe de 2.500 euros.

Arquivado en