A enxeñeira cotobadense Belén Riveiro recolle un dos Premios Nacionais de Investigación 2022

Cerdedo-Cotobade
05 de marzo 2023

A profesora da Universidade de Vigo Belén Riveiro, investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, recolleu este mércores en Alicante das mans das súas maxestades o rei Felipe VI e a raíña Letizia o Premio Nacional de Investigación para Jóvenes, Matilde Ucelay na área de enxeñaría e arquitectura

Belén Riveiro recollendo o galardón de mans de Felipe VI Universidade de Vigo

"Pola orixinalidade e o impacto das súas investigacións, que radican na combinación de diferentes disciplinas para dar solución a retos actuais da enxeñería estrutural". 

A profesora da Universidade de Vigo Belén Riveiro, investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, recolleu este mércores en Alacante das mans das súas maxestades o rei Felipe VI e a raíña Letizia o Premio Nacional de Investigación para Jóvenes, Matilde Ucelay na área de enxeñaría e arquitectura.

O acto celebrouse na Casa Mediterráneo e no que tamén participou a ministra de Ciencia e Innovación Diana Morant, o president da Generalitat valenciana, Ximo Puig, e o alcalde de Alacante, Luis Barcala. 

Investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, o Centro de investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, e profesora da Escola de Enxeñería Industrial, acreditada catedrática desde 2021, os principais logros da carreira investigadora de Belén Riveiro (Cerdedo-Cotobade, 1983)  están relacionados coa mellora da resiliencia das infraestruturas do transporte a eventos extremos, onde liderou diferentes proxectos competitivos, tanto de ámbito internacional como nacional, cun financiamento captado que supera os 5 millóns de euros.

Máis aló da materialización formal e da dotación económica asociada, Riveiro subliña que o premio leva implícito o recoñecemento da comunidade científica a nivel nacional.

No caso dos premios da Área de Enxeñaría e Arquitectura, na que foi premiada Belén Riveiro, lémbrase a figura de Matilde Ucelay, en memoria de quen foi a primeira española en ingresar e titularse nunha escola de arquitectura e, anos máis tarde, Premio Nacional de Arquitectura.

Que sexa unha muller, neste caso Belén Riveiro, a persoa premiada na categoría de Enxeñaría e Arquitectura supón un novo paso na visibilización dos logros das profesionais que se dedican ao mundo STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths), de maneira que o seu exemplo sirva tamén como inspiración ás alumnas que se están a formar, tanto nas aulas universitarias como no ensino medio.