O banco de alimentos que xestiona a Cruz Vermella recibiu este luns unha xenerosa e solidaria doazón. Aos seus estantes chegou unha tonelada de alimentos de primeira necesidade.
A comida foi doada pola empresa Idades, adxudicataria dos servizos de axuda no fogar en máis dunha ducia de concellos da provincia, entre eles Pontevedra.
Con eles, a Cruz Vermella mantén unha colaboración moi estreita ao longo de todo o ano.
Os produtos doados foron os que pediu a propia ONG e, entre eles, había aceite, leite, arroz, pasta, galletas, conservas, cereais para nenos e potitos para bebés.
Todos estes alimentos serán repartidos nos próximos días a familias en risco de exclusión social da provincia de Pontevedra.