A devoción á Peregrina demóstrase con flores

Pontevedra
13 de agosto 2016

O traslado da carroza procesional desde a plaza de España ata o santuario da Peregrina deu por inaugurada tamén a vertente máis relixiosa dos festexos locais. O acto seguiu a tradición e comezou co traslado da carroza pola rúa Michelena ata o santuario, tendro como protagonistas aos nenos que levaban medio cento de ramos de rosas. Xa ás portas do centro realizouse a ofrenda floral tradicional e despois foi o turno da cerimonia litúrxica

Traslado da carroza procesional e ofrenda floral á Peregrina Cristina Saiz

A Virxe Peregrina é inevitablemente a protagonista destas festas de verán que levan en Pontevedra dous meses e este sábado chegaron á súa semana grande. Dálle nome ás festas e, para os crentes, é o centro de atención xa desde este sábado, cando o traslado da carroza procesional  desde a plaza de España ata o santuario da Peregrina deu por inaugurada tamén a vertente máis relixiosa dos festexos locais. 

O acto seguiu a tradición e comezou co traslado da carroza pola rúa Michelena ata o santuario, tendo como protagonistas aos nenos que levaban medio cento de ramos de rosas. Xa ás portas do centro realizouse a ofrenda floral tradicional e despois foi o turno da cerimonia litúrxica. Para poñer fin a esta homenaxe á Virxe, voaron as habituais palomas. 

Antes e despois dos actos relixiosos, o protagonismo foi para as agrupacións musicais que animaron as rúas do casco histórico. As agrupacións folclóricas Os Alegres de Mourente, Os de Algures, Grupo Polavila, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontevedra e Celme percorreron as rúas despois do pregón e, ao remate da misa, actuaron nas distintas prazas. 

AmpArticleViewer.default.tags