Cos votos en contra dos deputados do Partido Socialista e do BNG, o Pleno ordinario da Deputación de Pontevedra rexeitou este venres a moción do Partido Popular coa que reclamaban a esta administración provincial un plan específico de apoio aos concellos ante "o incremento desmedido do gasto corrente" provocado pola alza dos prezos da luz, o gas, o combustible e a subministración de materiais.
A portavoz do grupo do PP, Pepa Pardo, sinalou que, de media, o gasto dos concellos está a aumentar entre o 40 e o 50%, "una situación límite que puede repercutir en el funcionamiento o prestación de servicios municipales básicos".
Segundo Pepa Pardo, a Deputación "tiene la obligación de reaccionar y actuar de una manera eficaz, eficiente e inmediata para evitar el colapso financiero de los ayuntamientos" e reclamou ao Goberno provincial que "tenga voluntad política, esté a la altura de las circunstancias y haga valer sus competencias".
O vicepresidente da Deputación e portavoz do BNG, César Mosquera, replicou que a Deputación non é allea á actual situación e que tamén "está a sufrir as subidas e está na mesma situación que os concellos" e subliñou que "aquí non temos unha máquina de fabricar diñeiro".
Para César Mosquera esta moción dos populares "só se pode entender dunha maneira", que segundo dixo, é para que os concellos "non vaian á Xunta a pedir" e lembrou que "esta Deputación fai o máximo esforzo, está ao límite" respecto a as axudas destinadas aos concellos.
Na mesma liña, o portavoz do grupo provincial do PSdeG-PSOE, Carlos López Font púxose "en el papel de profesor" para dar ao PP "lecciones en competencias, en defender a los trabajadores y defender a los concellos". Así, repasou a política orzamentaria da Deputación para concluír que "si alguien puede tomar decisiones es la Xunta" e afirmou que é a que "se está forrando, como dice Feijóo" e con todo, Galicia "es la comunidad de España que menos transfiere a los concellos".
Ademais, sinalou que cando o Partido Popular gobernou esta Deputación fíxoo "de manera clientelar, para favorecer a los concellos del PP".
"Gracias a Dios en Galicia gobierna el Partido Popular", respondeu Pepa Pardo que apuntou que "la misión de la Deputación es ayudar a los concellos" e que a situación económica fai viable a demanda dos populares polo que acusou aos socialistas de ser uns " progres de pancarta" e censuroulles que "más allá de la propaganda son ustedes incapaces de hacer nada por sus vecinos" e que "votan no sistematicamente" a calquera iniciativa que presenten o PP.