O responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Amancio Varela, recolleu na Coruña o Premio Computer World á Innovación, otorgado á institución provincial pola publicación do mesmo nome para reconocer o esforzo realizado coa posta en marcha do Proxecto eDepo.
O xurado valorou a mellora dos servizos que eDepo suporá para os cidadáns así como a optimización e axilidade da operativa interna que garantizará a eficacia e a eficiencia dos organismos da Deputación e dos concellos da provincia.
O proxecto eDepo engloba a automatización de procedimentos internos e a sede electrónica provincial, así como a posta en marcha dunha plataforma de servizos de administración electrónica para os concellos de Pontevedra.
Coa súa realización, a Deputación de Pontevedra sitúase na primeira liña das entidades provinciais que prestan servizos avanzados no ámbeto da eAdministración mediante a innovación, a excelencia na calidade dos servizos prestados e a eficiencia da xestión.
O proxecto galardonado que foi o único que obtivo ese recoñecemento en Galicia.