A Deputación, Poio, Sanxenxo e Marín súmanse ao loito polo accidente ferroviario de Santiago e suspenden actividades

Marín
25 de xullo 2013

Ao igual que Pontevedra, outros concellos da súa contorna súmanse ás mostras de dor polo accidente ferroviario de Santiago de Compostela. A Deputación de Pontevedra e as corporacións municipais de Poio, Sanxenxo e Marín trasladaron xa as súas condolencias ás vítimas e aos familiares e amizades das persoas falecidas e a todas as persoas afectadas polo sinistro

Ao igual que Pontevedra, outros concellos da súa contorna súmanse ás mostras de dorpolo accidente ferroviario de Santiago de Compostela. A corporación municipal de Poio trasladou xa as súas condolencias ás vítimas e aos familiares e amizades das persoas falecidas e a todas as persoas afectadas polo sinistro. As bandeiras do concello permanecerán a media asta e mañá venres 26 de xullo, ás doce da mañá, gardaranse cinco minutos de silencio ás portas da casa consistorial, en sinal de loito pola traxedia que asola o país.

En Combarro aprázase tamén o Festival Armadiña Rock, previsto para esta noite. Os seus organizadores, nun comunicado de prensa, recoñecen que "hoxe o cuerpo non está para festas". Buscarán unha nova data para celebralo.

O Concello de Sanxenxo suspendeu o concierto previsto para este xoves de ÿscar Ibáñez e a marcha ciclo turística ÿnete á Volta convocada para o domingo.

Marín tamén amosou a súa solidariedade coas vítimas e os familiares das persoas falecidas do accidente. Ademais, comunican que as actividades lúdicas e festivas que se ían celebrar este xoves como a Romaria organizada pola Agrupación Folclórica Trompos os Pes quedan suspendidas. Pospóñese ata o día 8 de setembro Festa da Virxe do Porto e Patrona de Marín. Igual pasa coas actividades de lecer infantil que estaban previstas na Praia de Portocelo.

SUSPENDIDA A LIGA DE BANDAS DE GAITAS

A Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Bandas de Gaitas suspenderon tamén a final da Liga de Bandas de Gaitas prevista para o sábado 27.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, -que xa na noite do mércores transmitiu o seu pésame e solidariedade coas vítimas- acordou sumarse ao loito e suspender este acto festivo, porque "a Comunidade enteira quere estar nestes días preto das familias e dos achegados ás vítimas do sinistro".