A Deputación oferta máis de 2.000 prazas en spas e balnearios para maiores de 55 anos

Pontevedra
12 de xullo 2024

A Deputación de Pontevedra destinará 220.000 euros ao programa +Benestar, que ofertará 2.127 prazas para que as persoas maiores de 55 anos poidan acceder a balnearios, talasos ou spas da provincia. En caso de non chegar a esta idade, poden optar a esta axuda persoas cunha discapacidade superior ao 65%, ser pensionistas ou ter acreditado un respiro familiar

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou este venres en rolda de prensa que a institución provincial adxudicou algo máis de 440.000 euros para o turismo da provincia.

Más concretamente, 220.000 euros irán destinados ao programa +Benestar, que ofertará 2.127 prazas para que as persoas maiores de 55 anos poidan acceder a balnearios, talasos ou spas da provincia. En caso de non chegar a esta idade, poden optar a esta axuda persoas cunha discapacidade superior ao 65%, ser pensionistas ou ter acreditado un respiro familiar.

O programa desenvolverase a partir do mes de setembro en sete establecementos termais situados en Sanxenxo, O Grove, Mondariz e Lalín e os prezos oscilarán entre 330 e os 425 euros.

A Deputación subvencionará 2.097 prazas de réxime xeral con 100 euros e 30 prazas especiais con 400 euros. As persoas usuarias deberán abonar o importe restante.

No caso das estancias, serán de seis días e cinco noites. O paquete comprende pensión completa, actividades de animación sociocultural e a utlilización do spa ou balneario.

Doutra banda, a Xunta de Goberno prinvincial adxudicou 200.000 euros para a posta en marcha dun novo asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas.

Os 'chatbots' intelixentes aproveitarán os fluxos de datos e proporcionará ás persoas usuarias información de interese para dar resposta ás súas preguntas.

Este servizo desenvólvese no marco do proxecto 'Tourist Inside II' co que a Deputación está a transformar a provincia como Destino Turístico Intelixente. Ademais, emitirá a creación dunha plataforma semántica que almacene, xestione e analice os datos, datos, sincronizándose á vez coa información existente, para poder interpretar a información e dar resposta ás demandas dos viaxeiros, logrando un turismo máis personalizado e diferenciador.