A Deputación mobiliza 5,1 millóns de euros en materia de turismo, igualdade, reto demográfico e investimentos

Pontevedra
08 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta este venres dos asuntos abordados na Xunta de Goberno Provincial celebrada á primeira hora da mañá na que se mobilizaron 5,1 millóns de euros en materia de turismo, igualdade, reto demográfico e investimentos para os concellos. 

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra Mónica Patxot

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta este venres dos asuntos abordados na Xunta de Goberno Provincial celebrada á primeira hora da mañá na que se mobilizaron 5,1 millóns de euros en materia de turismo, igualdade, reto demográfico e investimentos para os concellos. 

Concretamente, Luis López explicou que, nestes últimos días, a Deputación de Pontevedra está a celebrar por todas as comarcas unhas xornadas de sensibilización, captación e información do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED). Con esta iniciativa a institución provincial quere dar a coñecer ás empresas as principais vantaxes de formar parte dun proxecto co que pretende alcanzar un nivel de calidade homoxéneo no territorio, mellorando a competitividade das empresas e potenciando a excelencia das Rías Baixas como destino.

O SICTED trátase dun programa da Secretaría de Estado de Turismo ao que está adherida a Deputación de Pontevedra como xestora do destino Rías Baixas baixo o paraugas de Turismo de Galicia. 

Neste sentido, este venres o goberno provincial ha aprobado a prórroga do contrato por 27 meses para prestar os servizos sobre a implantación e o desenvolvemento deste sistema SICTED, cun orzamento de 240.000 euros.

Ademais, a Deputación acaba aprobar a lista de persoas admitidas e excluídas nas actividades formativas do desenvolvemento do HUB para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural, que vai ter lugar na Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. En total son 89 as persoas que participarán nas 7 accións formativas previstas, de cinco horas en cada unha, nestes concellos. 

Luis López tamén informou que na Xunta de Goberno activáronsefondos do Plan Obras e Servizos da Deputación, o Plan +Provincia. Foron preto de 2 millóns de euros dos que se van a beneficiar un total de dez concellos de menos de 50.000 habitantes (A Cañiza, A Guarda, A Lama, Arbo, Baiona, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Lalín, Marín e Nigrán). Son 575.000 euros para a contratación de 49 persoas desempregadas en 4 concellos; 1,4 millóns euros serán para investimentos en 7 concellos e un millón de euros para financiar o 100% da reforma integral do Edificios Sinde (Bloque I) na Guarda. 

"No que vai de ano, xa fomos quen de mobilizar 9,5 millóns das diferentes liñas do Plan +Provincia", destacou o presidente da Deputación de Pontevedra.

Outra cuestión que abordou hoxe o goberno provincial foi a aprobación de convenios con 51 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades para a prestación do servizo de Administración Electrónica. Aprobouse tamén o expediente para contratar o servizo de implantación, formación, soporte e mantemento da plataforma por 3 anos.

Por último, a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación para a execución do programa +Xuntas. Son 207 actividades en toda a provincia para colectivos sen ánimo de lucro que teñen como obxectivo mellorar a formación e capacitación das mulleres en diversos ámbitos.