A Deputación informa os alcaldes dos cartos que corresponden a cada concello

Pontevedra
04 de xaneiro 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra Álvaro Arosa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023.

A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

En concreto, Barro recibirá 494.162 euros, 35.126 euros máis que o pasado ano; Caldas de Reis 793.803 euros, 23.320 máis que no 2023; Campo Lameiro 461.818 euros, 67.938 máis que o ano que acaba de rematar; Cerdedo-Cotobade 843.896 euros, 75.025 euros máis; Cuntis 625.671 euros, 45.438 máis que con respecto ao ano pasado; A Lama 579.193 euros, 74.833 máis que no 2023; Marín 1.112.319 euros, 79.083 euros máis; Moraña 544.393 euros, 39.376 euros máis; Poio 1.153.435 euros, o que supón 71.532 euros máis que o ano anterior; Ponte Caldelas 648.578 euros, 45.412 euros máis; Portas 443.404 euros, 40.539 máis que no 2023; Sanxenxo 1.273.324 euros, 77.179 euros máis e Vilaboa 570.644 euros, 25.704 máis que o pasado ano.

Cambados recibirá 1.049.443 euros, 68.431 máis que o pasado ano; O Grove 909.417 euros, 83.385 máis que no ano que acaba de rematar; A Illa de Arousa 498.061 euros, 46.105 euros máis; Meaño 569.605 euros, 29.098 máis que con respecto ao ano pasado; Meis 555.066 euros, 38.796 máis que no 2023; Ribadumia 532.879 euros, 26.330 euros máis; Vilagarcía de Arousa 1.482.114 euros, 82.993 euros máis e Vilanova de Arousa 869.827 euros, 79.133 máis que no 2023.