A Deputación destina axudas para entidades sen ánimo de lucro que dinamicen a lingua galega

Pontevedra
27 de marzo 2018

Contempla catro apartados: fomento da creación, sociolingüística e toponimia, fomento do galego no comercio e na industria, e recoñecementos e distincións

Xosé Leal, deputado provincial de Cultura Deputación de Pontevedra

A Xunta do Goberno vén de aprobar as bases das axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega durante o exercicio 2018.

A estas axudas, dotadas cunha partida orzamentaria de 120.000 euros, poderán concorrer entidades sen fins de lucro, que deben presentar as solicitudes entre o día seguinte da publicación do extracto no BOPPO e o 30 de abril.

As axudas para a dinamización do galego é unha liña creada no presente mandato polo departamento de Cultura e Lingua co obxecto de impulsar e fomentar o uso do idioma en todos os ámbitos sociais da nosa provincia, mediante o apoio ás actividades que neste eido realizan as entidades sen ánimo de lucro.

Para acadar estes fins contempla o financiamento de actividades en catro apartados: fomento da creación, sociolingüística e toponimia, fomento do galego no comercio e na industria, e recoñecementos e distincións.