A Deputación destina 600.000 euros á mellora do vial entre Xesteira e Almofrei

Cerdedo-Cotobade
01 de marzo 2015

A Deputación informou que se expropiarán 23 terreos e nun tramo dun quilómetro se ampliará a calzada ata os nove metros

Pleno ordinario do mes de febreiro Mónica Patxot

O último pleno provincial aprobou o proxecto de ensanche e mellora da estrada entre Xesteira e Almofrei, en Cotobade por unha contía de 600.000 euros, dos cales algo máis de 50.000 euros se destinarán a expropiacións.

A Deputación informou que se expropiarán 23 terreos e nun tramo dun quilómetro ampliarase a calzada ata os nove metros.

O vial terá dous carrís de tres metros e medio cada un e unhas beiravías dun metro.

Revestiranse 270 metros de cuneta e 280 metros de colector pola marxe esquerda para mellorar a drenaxe. Os traballos inclúen a construción dun muro dique.

Ademais, afirmaranse as zonas de ensanche e sinalizarase todo o tramo.