A Deputación contrata Netflix e Disney+ para os menores do Príncipe Felipe

Pontevedra
25 de marzo 2020

O ente provincial proporcionou tamén novos equipos informáticos ao centro para poder realizar actividades formativas de forma telemática e mellorou os servizos sanitarios, de limpeza e de seguridade

Reunión da Comisión de Seguiminto do Covid-19 da Deputación para o Centro Príncipe Felipe Deputación de Pontevedra

O comité de seguimento do COVID-19 posto en marcha pola Deputación para garantir a seguridade no Príncipe Felipe reuniuse este mércores para dar conta das necesidades que precisan os profesionais e usuarios desta institución, así como para repasar o correcto cumprimento de todas as medidas sanitarias e educativas postas en marcha. 

Unha das últimas novidades foi a instalación de novos equipos tecnolóxicos para a realización de tarefas escolares de forma telemática.

Pero non só a formación é importante nestes tempos de corentena, tamén o é manter a mente entretida polo que aprobaron a contratación dun servizo de streaming para que as quince unidades do Centro Infantil Agarimo e Escola Fogar teñan acceso aos contidos de Disney+ e Netflix.

A maiores, desde a Deputación reforzaron o servizo de vixilancia na enfermería e o de limpeza, así como a habilitación de dous espazos como minihospitales de día por se se algún positivo.