A Deputación completa a repartición das achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

Pontevedra
13 de setembro 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo balance este venres do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas unha vez que na Xunta de Goberno celebrada á primeira hora da mañá aprobouse a última das axudas previstas dentro desta iniciativa

 

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo balance este venres do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas unha vez que na Xunta de Goberno celebrada á primeira hora da mañá aprobouse a última das axudas previstas dentro desta iniciativa.

Nesta ocasión foi 130.000 euros para que o Concello de Ponteareas acometa a primeira fase das obras de remodelación do campo de fútbol de San Mateo.

En total, este "novidoso e exitoso plan" estivo dotado dun orzamento de 4 millóns de euros que "os concellos acollérono con gran interese" xa que se aprobaron 75 subvencións para os 59 municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia. 

Segundo detallou Luis López, en conxunto mobilizáronse con estes proxectos 7 millóns de euros xa que estas axudas podíanse completar con outras achegas municipais ou doutras administracións, incluso a provincial. 

Cada concello recibiu entre case 25.000 e algo máis de 200.000 euros, cos que se investiu en mellorar 32 pavillóns, ximnasios, estadios e pistas polideportivas; tamén se fixeron obras en 26 campos de fútbol, en 7 piscinas municipais, en 7 pistas de pump track, en 3 pistas de pádel e no caso dun concello a axuda destinouse á adquisición de bicicletas.

"Este plan tamén é a máxima expresión do que somos como goberno: a Deputación do municipalismo e do deporte", asegurou Luis López. 

ERASMUS + 

O outro asunto abordado nesta Xunta de Goberno foi a aprobación de preto de 75.000 euros para que oito alumnos de Formación Profesional de centros educativos de Pontevedra, Vigo e Cangas realicen prácticas en Noruega, Malta, Portugal e Croacia ao amparo do programa de mobilidade europea Erasmus Plus.

Para iso van recibir entre 7.300 e 10.000 euros en función da duración da estancia e do destino.