A Deputación aproba o seu orzamento para 2024 no que "un de cada tres euros destinaranse ao apoio directo aos concellos"

Pontevedra
10 de novembro 2023

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres os orzamentos para o próximo ano, que segundo o Goberno provincial, son un "exemplo de municipalismo" e aumentan as partidas de Cooperación, Deporte, Turismo e Cultura, así como a creación dun novo servizo de Mocidade e Reto Demográfico  

Pleno da Deputación de Pontevedra Mónica Patxot

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres os orzamentos para o próximo ano, que segundo o Goberno provincial, son un "exemplo de municipalismo" e aumentan as partidas de Cooperación, Deporte, Turismo e Cultura, así como a creación dun novo servizo de Mocidade e Reto Demográfico.

As contas provinciais foron aprobadas coa maioría dos votos do Partido Popular mentres que os deputados do PSOE e BNG votaron en contra. 

O portavoz do PP, Jorge Cubela destacou na súa intervención que uno de cada tres euros dos 189,2 millóns que compoñen este Orzamento "destinaranse a apoio directo aos concellos".

O primeiro orzamento do Goberno que preside Luis López é "o maior da historia da Deputación" xa que rexistra 7,6 millóns de incremento en comparación co pasado exercicio, apuntou Cubela.

O portavoz popular comparou a xestión do anterior goberno presidido por Carmela Silva co novo executivo provincial de Luis López e incidiu en que "estes son os orzamentos da coherencia, o que pediamos na oposición imos trasladar á acción de goberno". 

Sobre o contido das contas, o goberno provincial detívose na partida de cooperación, na que se enmarca o programa +Provincia, dotado con 48,2 millóns de euros "un 9 % máis que o ano anterior e o triplo do incremento que nos demandaba a oposición", subliñou o portavoz do PP. 

"Aumentou máis en cen días o Plan Concellos, que agora é + Provincia, que con vostedes en oito anos", afirmou Cubela. "Nós temos un único orzamento porque somos un único goberno", recalcou. 

Pola súa banda, o grupo provincial do PSOE provincial ha denunciado os "hachazos ideológicos" do Orzamento para cargarse os "señales de identidad" da Deputación en Igualdade e políticas de mobilidade inclusiva.

O portavoz socialista Carlos Font manifestou que "el Presupuesto para 2024 es machista, de vuelta al chapapote, antisocial y profundamente antimunicipalista" e lamentou que os convenios con Vigo e Pontevedra baixan con este Orzamento de 8,5 millóns de euros a 7,5 millóns e ademais "las obras que eran decididas por los alcaldes ahora el PP pretende que las decidan los portavoces de la oposición en una auténtica aberración antidemocrática".

En canto ao servizo de Deportes o PSOE afirmou que queda reducido ao "servicio del fútbol, porque solo contiene novedades para hacer feliz al señor Louzán, que es lo que manda en este área".

Font tamén cualificou como "servicio buñuelo" o novo servizo de Mocidade e Reto Demográfico "en la medida en que solo contiene aire" e que nace "para darle una cartera sin mucho trabajo al señor Cubela".

En canto ao portavoz do BNG na Deputación, César Mosquera advertiu de que o Partido Popular elimina con estes presupostos fondos de plans como o Ágora e Revitaliza, baixa os investimentos propios e para os concellos, e volve aos plans de acción "caciquil", o que á súa entender supón "un retroceso en cuestións moi sensibles que non vai contar co noso aval", anunciou o deputado do Bloque.

Mosquera tamén destacou que os orzamentos presentados polo novo goberno son reflexo das súas políticas que, á súa entender, destacan por adoptar "decisións regresivas".

O portavoz nacionalista na Deputación dixo que "clama ao ceo" que desaparezan o 90% do diñeiro para convenios de obras e de Ágora.

Mosquera tamén reprochou ao PP que fale de incrementos nos investimentos reais "cando pasan de 17 millóns a 13" e os investimentos para os concellos "pasan de 41 millóns a 37, catro millóns menos", algo que segundo recalcou "é un dato concreto oficial que non ten discusión".

Finalmente as emendas da oposición foron rexeitadas e as contas provinciais foron aprobadas por maioría de 14 votos do Partido Popular.