A Deputación aproba 1,6 millóns de euros en axudas destinadas a 9 concellos da provincia

Pontevedra
22 de abril 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta este venres dos asuntos abordados pola Xunta de Goberno Provincial, "que como cada venres aprobamos recursos para os concellos", nesta ocasión foron 1,6 millóns de euros "que van permitir once novas axudas para nove concellos"  

Carmela Silva, presidenta da Deputación Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta este venres dos asuntos abordados pola Xunta de Goberno Provincial, "que como cada venres aprobamos recursos para os concellos", nesta ocasión foron 1,6 millóns de euros "que van permitir once novas axudas para nove concellos". 

Concretamente, son 1,3 millóns do Plan Concellos para Baiona, Bueu, A Estrada, Fornelos, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Rodeiro e Soutomaior. E outros 242.000 euros destinados á mellora da estrada provincial EP-9401 en Meis.

Ademais, aprobáronse convenios de colaboración con Pontevedra e Vigo. O concello da capital recibe unha axuda de 170.000 para realizar as actividades Pontesán, PonteCiencia e o foro GastroLab. Pola súa banda, a cidade olívica recibe 180.000 euros para O Marisquiño.

DEPOFOREST

Tamén na Xunta de Goberno a Deputación de Pontevedra aprobou un novo proxecto que se financiará con fondos europeos, trátase do programa formativo "DepoForest" para a xestión e aproveitamento de plantacións de piñeiros para a obtención de madeira e resina, "fomentando o 'emprego verde' no rural".

O orzamento deste proxecto é de 102.500 euros, financiado ao 90% pola Fundación Biodiversidade, unha fundación pública adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.