A creación dun aparcadoiro disuasorio e a mellora dos sendeiros, nun proxecto para revalorizar o Lago de Castiñeiras

Marín
28 de abril 2023

O Concello de Marín encargou un proxecto coa intención de mellorar o estado dos sendeiros do Lago de Castiñeiras, por ser o principal parque periurbano do Concello, que conta con varios elementos de singular valor natural, histórico e aqueolóxico

Lago de Castiñeiras

O Concello de Marín encargou un proxecto coa intención de mellorar o estado dos sendeiros do Lago de Castiñeiras, por ser o principal parque periurbano do Concello, que conta con varios elementos de singular valor natural, histórico e aqueolóxico.

O que se procura é que estes camiños poidan ser utilizados polas persoas que acuden ao parque, para o que se levarán a cabo traballos de mellora e mantemento, así como de reforzo da sinalización.

Ademais, como actuación complementaria, plantéxase a limpeza do leito do rego Castiñeiras ao seu paso polo parque para facilitar o desove dos peixes. Na década dos 50, como se pode ler no proxecto, creáronse unha serie de escalas ou frezaderos para facilitar a cría das troitas. A competencia coas carpas, sapoconchos de Florida e os caranguexos americanos reduciron a poboación desta expecie nos últimos anos ata case estinguilos, polo que precisamente, nos últimos anos leváronse a cabo distintas repoboacións, que agora, coa limpeza destes espazos, quere faciltar a cría de troitas.

Por outra banda, co obxectivo de ordenar os usos que se fan deste enclave, ao que moita xente accede en coche, deseñarase un aparcadoiro disuasorio nas antigas instalacións do campo de tiro, retirando deste xeito o maior número de vehículos posible da contorna do parque. Terá unha capacidade de 128 prazas.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “os sendeiros son utilizados por un gran número de visitantes e de habitantes da zona, ademais de servir como vía de acceso a diferentes paraxes de interese tanto turístico como natural”. E por outra banda, no que respecta á actuación destinada á fauna, o proxecto resalta que as poboacións piscícolas do espazo “son dun valor moi importante, por iso na mellora da contorna tamén se decidiu valorar a mellora das condicións de cría para os peixes”.

O orzamento que se estipula para a realización deste plan ascende a máis de 54.000 euros.