A covid-19 deixa en cadro aos socorristas de Sanxenxo: dous positivos e nove confinados

Sanxenxo
15 de xullo 2021

Catro praias de Sanxenxo deixarán de ondear a bandeira azul. Polo menos, temporalmente. A covid-19 cebouse co servizo de salvamento, o que impide que haxa socorristas suficientes para atender a todos os areais do municipio. Son once os socorristas afectados, segundo confirma o Concello de Sanxenxo

Bañistas en Silgar

Catro praias de Sanxenxo deixarán de ondear a bandeira azul. Polo menos, temporalmente. A covid-19 cebouse co servizo de salvamento, o que impide que haxa socorristas suficientes para atender a todos os areais do municipio.

Son once os socorristas afectados, segundo confirma o Concello de Sanxenxo. Dous deles deron positivo e os outros nove deben manterse confinados nos seus domicilios por ser contactos estreitos, tal e como marca o protocolo sanitario.

Desde o goberno municipal aseguran que traballan para suplir estas baixas temporais canto antes e poder volver izar as bandeiras azuis destes catro areais.

As praias que estarán sen servizo de salvamento son Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e  Nosa Señora da Lanzada.

O Concello explica que a elección destas catro praias realizouse segundo os criterios estatísticos de afluencia e incidencias que se obtén cada tempada estival.