A contratación indefinida crece o 220% na provincia con respecto ao ano pasado

Pontevedra
24 de xuño 2022

Un estudo que levou Randstad Research sobre como variou no último ano a contratación e a influencia da entrada en vigor da reforma laboral revela que na provincia de Pontevedra a contratación indefinida medrou un 219,8 con respecto ao ano pasado

Un grupo de persoas traballando nunha cociña Xunta de Galicia

Un estudo que levou Randstad Research sobre como variou no último ano a contratación e a influencia da entrada en vigor da reforma laboral revela que na provincia de Pontevedra a contratación indefinida ha crecido o 219,8 con respecto ao ano pasado.

Randstad destaca que en Galicia asináronse 100.563 contratos indefinidos no que levamos de ano, un 187,9% máis que o mesmo período do ano pasado, cando se rexistraron 34.932.

Este incremento é 30,8 puntos porcentuais inferior á media nacional (218,6%), e os contratos indefinidos supoñen o 29,6% de todos os que se asinaron na comunidade. Con respecto ao total de contratos indefinidos rexistrados en España, os de Galicia representan o 4%.

En canto ás provincias, Pontevedra rexistrou a maior subida respecto ao 2021 (219,8%), seguida de Ourense (191,3%), A Coruña (168,8%) e Lugo (167,3%). No que se refire a volumes, A Coruña rexistrou o maior número de contratos indefinidos da comunidade, con 42.879, seguida de Pontevedra (37.946), Lugo (11.074) e Ourense (8.664).

A nivel nacional, Randstad destaca que, desde que comezou o ano, os volumes de contratación indefinida creceron a un nivel maior que os da temporal, ata o punto de que, ata maio, asináronse 2.498.263, mentres que, no mesmo período de 2021, foron 784.041. En comparación co ano pasado, a contratación indefinida creceu un 218,6%, o que supón que se multiplicou por 3,2.

O peso da contratación indefinida con respecto ao total non deixou de crecer desde o comezo do ano. Desde entón, un de cada tres contratos que se asinaron no noso país (32%) foron indefinidos, mentres que, o mesmo período do ano pasado, esta porcentaxe foi do 11,5%.

A reforma laboral xoga un papel fundamental nesta tendencia. A pesar de entrar en vigor a finais de decembro, contemplaba un prazo de tres meses de adaptación ás novas fórmulas de contratación. Deste xeito, o pasado 31 de marzo, deixou de existir o contrato de obra ou servizo, un dos máis estendidos.

En canto ás actividades económicas, o estudo de Randstad Reseach destaca que, no que levamos de ano, o sector da hostalería é onde se asinaron máis contratos indefinidos (535.320), experimentando o maior incremento de toda a nosa economía (587,1%).

 

Arquivado en